20 exemplares da Guía para o descenso enerxético
× 20Os alicerces enerxéticos da civilización industrial está a se esborrallar irreversiblemente. En poucas décadas o actual modo de vida das sociedades capitalistas-consumistas deixará de ser viable. En 2014 a Asociación Véspera de Nada lanzou a obra "Guía para o descenso enerxético", que presenta unha explicación das transformacións sociais que xa están en marcha e que van supoñer a fin da Era da Abundancia e do Crecemento, ao tempo que ofrece un amplo conxunto de recomendacións acerca do que podemos ir mudando cada galega e cada galego nos terreos da nosa economía, do consumo enerxético, do transporte, da alimentación, da saúde, da vivenda e da educación para non só sobrevivirmos ao Peak Oil senón para construírmos unha Galiza que teña un futuro mellor despois do petróleo. A primeira edición de 1000 exemplares esgoutouse aos poucos meses sendo necesario lanzar unha segunda edición de 1000 exemplares adicionais. A Asociación Véspera de Nada acordou doar 20 exemplares da súa "Guía para o descenso enerxético" a sortear entre as persoas que apoien o proxecto #oteubosque, mentres que a Asociación Touda porá os envíos postais de balde para as persoas gañadoras destes libros.
Estimated value: 12,00 €
Selected · Entry #2294 Pending confirmation
Selected · Entry #2324 Pending confirmation
Selected · Entry #2293 Pending confirmation
Selected · Entry #2315 Pending confirmation
Selected · Entry #2330 Pending confirmation
Selected · Entry #2290 Pending confirmation
Selected · Entry #2316 Pending confirmation
Selected · Entry #2305 Pending confirmation
Selected · Entry #2320 Pending confirmation
Selected · Entry #2333 Pending confirmation
Selected · Entry #2306 Pending confirmation
Selected · Entry #2321 Pending confirmation
Selected · Entry #2319 Pending confirmation
Selected · Entry #2295 Pending confirmation